23.11.09

25 de novembro: Día Internacional da non violencia de Xénero

Aquí tedes algunhas recomendacións do cole de Quintela para traballar dende a biblioteca esta celebración. Picade AQUÍ

18.11.09

Os do 2º e 3º ciclo fixemos unha saída ao auditorio CAIXANOVA (Vigo)



Por primeira vez asistimos a una representación teatral "in english"!!!

28.10.09

O Samaín


Esta semana imos a celebrar a festa popular galega do Samaín. O próximo Venres 30 de Outubro faremos unha festa con baile de disfraces, talleres, exposición de libros de medo, lectura de lendas e meigallos...
Convidamos a todos os pais e nais que desexen a asistir á celebración a partir das 12.30 da mañá.
Andamos estes días a aprender esta canción para o venres, aqui tedes letra e música para praticar na casa:
Samaín (Mamá Cabra)




">

Saída Literaria ó Auditorio de Cangas


Os nenos e nenas da escola realizaron unha saída literaria para coñecer o novo libro do escritor Xosé Miranda Ruiz editado por Xerais.

Aqui deixamos a sinopse do libro:

"Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante".

Un saúdo.

Mes das Bibliotecas Escolares


Este mes temos unha importante celebración na nosa escola xa que, é mes das Bibliotecas Escolares.

É un homenaxe que facemos as nosas queridas bibliotecas que tanta ledicia e sabiduría desprenden xa que, a través delas e dos seus libros podemos descubrir historias maravillosas, consultar información, mergullarnos en mundos lexanos e atopar nas palabras un espectacular universo de sensacións.


Aqui tedes o cartel deste ano para lembrar as potencialidades das bibliotecas á hora de integrar saberes, soportes e actividades destinadas á mellora das competencias básicas do alumnado.

13.5.09

ANXO FARIÑA NA BIBLIOTECA


Neste mes de maio tivemos a visita do ilustrador e escritor Anxo Fariña. Debuxamos personaxes da súa "Monstroescola", contounos a historia da súa vida artística...

4.3.09

VISÍTANOS FINA CASALDERREY




Ola! Como xa vichedes na páxina web do cole o vindeiro día 12 de Marzo visítanos Fina Casalderrey.
Os nenos de 2º e 3º ciclo asistiron na biblioteca a unha presentación dun dos seus contos "Xela volveuse vampira!!" Neste conto a mellor mestra do mundo de súpeto parece maís morta que viva.Estarase a volver vampira? Lédeo para descubrir que lle pasa!!!!!

16.2.09

Hoxe recomendamos....

Os máis pequerrechiños do CEIP "ESPIÑEIRA" están a piques de comezar un novo proxecto no que os insectos ( bechiños pequenos coma eles terán unha gran importancia ) por iso queren recomendarvos un bo conto " A XOANIÑA ROSMONA " Que pasedes un momentiño moi agradable!
Moitos bicos

12.2.09

OLA ESPIMERGULLAS!
Benvidos o blog da nosa biblioteca.
Estades dispostos a mergullarvos con nós na aventura das palabras?
Espiñeiriña xa anda nadando entre elas e espéravos con moita ilusión!












.