5.11.10

O Samaín en Espiñeira

O venres 29 de outubro celebramos o Samaín. Este ano traballamos o MEDO, cunha chea de actividades:
- Investigamos sobre personaxes que dan medo: "o home do saco", " o cocón", "o sacauntos"...
- Disfrazámonos de meigas, esqueletos, morcegos...
- Os nenos e nenas do 3º ciclo representaron a obra "Indo para o Samaín".
- Xurxo contounos un conto para vencer ao medo: "Fiz, o coleccionista de medos"
- E tamén vimos a película "Onde viven os monstruos".

Aquí tedes un slide con todas as actividades...