13.12.13

Estiven moi, moi, moi, OCUPADA!!

Ola nen@s!! Xa estou aquí de novo para contarvos una morea de cousas que pasaron estes días... Encantaronme os agasallos que me fixéchedes polo meu aniversario!! Gustoume tanto que o teño pretiño, moi pretiño de min no andel das novidades!! Non esquezades revísalo, ollalo... Por certo víchedes a cantidade de novidades que temos? Aí van algún títulos: Marcopola, Monstruos de intercambio, Nicomedes o pelado, Las princesas también cagan pedos, Feelings, Toc-toc, Chímpate Pepa... E moitos máis, a mín gustáronme moito!! Dentro de pouco poderedes levalos a casa, de momento podedos ollalos na biblioteca!!