22.12.14

Codia e Miolo!!

Como remate de trimestres, e antes da emisión do noso primeiro telexornal, recibimos a visita de Codia e Miolo que nos contaron varios contos que nos gustaron moito. E o mellor de todo e que cando acabaron firmaron no meu libro de visitas!!

12.12.14

Operación kilo!

O pasado xoves tivemos unha visita moi, moi especial.
Os bombeiros do Morrazo viñeron visitarnos, ensináronnos cousas do seu traballo, a roupa, os camións, as manguieiras...Toda a actividade tiña un propósito solidadario, recoller alimentos para repartir entre as persoas que os precisan!
Eu paseino xenial, mesmo provei o casco de bombeiro!
Mirade que guapa estou e que ben me queda!



Aquí estou con Ramón e Adrián, os meus novos amigos, antes de asinar no libro de visitas,

Onde anda Espiñeiriña??

Ola a todos e todas!
Xa está rematando este trimestre,dentro de poucos días sortearemos un agasallo entre todos os que acertaron no concurso da biblio.
COMO!????
Que todavía non sabes por onde ando??
Vale! Dareivos unha pista...
Un famoso Chepudo francés chamado Cuasimodo vivía aquí no campanario, e estaba moi namorado de Esmeralda...
Veña! animádevos e participade, non esquezades que tedes que averiguar ademáis  do monumento, o lugar e o século no que estou.
Moita sorte e moitos biquiños de mar para todos.

16.11.14

Espiñeiriña comparte os seus tesouros!

Por fin chegou o día!
O venres foi o día escollido para que por fin  empezasen as mochilas viaxeiras o seu  recorrido polas casas das nosas familias.
Libros de aventuras, poemas, cómics,  libros para pais e nais, películas e música viaxan as casas durante 15 días.
Ahhh! Esquecíame, este curso na mochila tamén vai algún libro que ten relación co noso proxecto anual:

Unha viaxe polo tempo.

Como todos os anos,  na mochila vai un pequeno caderno para que as familias poidan aportar as súas impresións, suxerencias e compartir as súas experiencias ...
Estou moi impaciente por ver os resultados.
Animádevos coa lectura!!!
Espiñeiriña.

As partes dun libro.

Ola rapaces e rapazas!!
Navegando polo mar inmenso de internet atopei un vídeo moi interesante de Lourdes Domenech  que explica moi ben as partes dun libro...
E como esta semana escoiteivos falar coas profes na biblio sobre o tema, vou deixarvos este agasallo para que sigades aprendendo.
Moitos bicos de mar: Espiñeiriña.

11.11.14

Formación de usuarios

Ola a todos!
Esta semana estiven moi ben acompañada...
Todos os nenos e nenas do cole viñeron á biblio.
Daba xenio velos decidir, e debatir sobre as  normas que deberíamos ter na biblio...
Aí vai a proba...

9.11.14

ÚLTIMA HORA!!!

Ola a todos e todas!
Estou super contenta e ilusionada!!
Esta semana recibimos a boa nova de sermos premiados no "Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación e participación da biblioteca escolar" no contexto do Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) , na modalidade: proxectos documentais, integrados, coordinados desde a Biblioteca escolar, temática de ciencias.
Un recoñecemento moi ben acollido entre o profesorado e que queremos compartir con toda a Comunidade Educativa.
 Grazas ao profesorado, a vós as familias, á Biblioteca (como impulsadora do proxecto) a todas aquelas persoas que dalgunha maneira se involucraron, e en especial ao alumnado deste centro,  nenos e e nenas que  se documentaron, investigaron,  e experimentaron  no proxecto "As plantas" 

 A todos e todas Moitas grazas e parabéns!!!!!!!!


Un bico moi, moi forte: Espiñeiriña.

24.10.14

As viaxes de Espiñeiriña: Unha viaxe polo tempo

Vídeo das viaxes de Espiñeiriña co que se da inicio ao proxecto: UNHA VIAXE POLO TEMPO



E este é o agasallo para a nosa mascota Espiñeiriña, a mellor do mundo. FELICIDADES!!!!!



10.9.14

CARTA DE ESPIÑEIRIÑA

Queridos nenos e nenas do CEIP ESPIÑEIRA!
Seguro que xa estades de novo traballando,  e seguro que vos preguntaredes por onde ando eu…
Non podo dicirvos exactamente onde estou, máis ben tería que dicirvos por “cando estou”.
 Si, xa sei, é algo moi raro. Pero é que este verán, mentres uns traballadores facían pequenas reformas no cole púxenme a explorar e … non podedes nin imaxinar o que atopei!!
Xa vos terei informados a todos e a todas, avisade aos profes que a biblio está un pouco desordenada e  compre que a arranxen antes do meu regreso.
Eu procurarei estar de volta pronto( alá polo meu cumpre),  e contareivos as miñas viaxes .
Ides alucinar!!
Moitos Biquiños.





Espiñeiriña.

18.5.14

VIDEO-TITORIAL PARA RECOMENDAR UN LIBRO POR INTERNET

Con este titorial aprenderás a valorar un libro, dar a túa opinión a outros lectores e recomendalo. Tamén entrarás na biblioteca do CEIP Espiñeira para ver as novidades, libros máis emprestados, ver opinións de outros lectores e, saber se un libro esta dispoñible e en que sitio esta colocado na biblio.

28.4.14

Día do libro: película completa de infantil

Película interpretada polos fantásticos actores de infantil para celebrar o día do libro no CEIP Espiñeira. Dalle a "play" e disfruta!!



14.3.14

Espiñeiriña quere investigar...

O pasado martes todos os nenos do cole recibimos unha carta.
Quedamos todos abraiados cando lemos o remitente...


ERA ESPIÑEIRIÑA DESDE A BIBLIOTECA!

 Nela  explícanos que precisa a nosa axuda para investigar  sobre as árbores que temos no cole.
Que fará Espiñeiriña con toda a información??
A cousa promete...

7.3.14

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe na biblioteca celebramos o Día Internacional da Muller, e disfrutamos do conto: Arturo e Clementina.

No seguinte enlace podemos ir a un monton de recursos para traballar este día:













12.2.14

Espiñeiriña namorada...

Hai libros que fan rir, hai outros que fan chorar, outros que dan medo, outros que dan consello…

Para esta semana tan especial, na biblioteca fixemos una selección de LIBROS CON AMOR…

O amor dun mozo a unha moza , o amor aos amigos, o amor á familia, o amor á lectura, o amor ao deporte, o amor pola música,poemas de amor…



Espiñeiriña coas axudantes de biblioteca: Sabela, Lucía, Iria e Ainhoa.


Aquí témolos todos, ven ollalos!

3.2.14

DÍA DA PAZ 2014


Presentación da biografía de Nelson Mandela 
Equipo biblioteca CEIP Espiñeira 2013-14