9.12.15

Ohhhh doce Nadal!

Este venres, día 12, agárdovos na Biblio!!.
Haberá unha sorpresa moi doce para todos os nenos que veñen visitarme durante a hora do recreo...
Unha pista: Practicar as adiviñas que teñan que ver coas festas que imos celebrar en poucos días  pode ser unha boa idea se queredes ter uns beizos doces o venres...
Moitos biquiños de mar para todos...
Espiñeiriña.

12.11.15

Xa temos gañadoras!

Aquí están as novas gañadoras do concurso de conxuros arrepiantes: Elsa de 2º de E.P e Candela de 4º de E,P.
Parabéns rapazas!
Moitos bicos de mar para as dúas ... gozade moito dos vosos agasallos e escribide moitas cousas bonitas con eles.
Moitos bicos de mar para todos!

6.11.15

Mochilas viaxeiras!

A cousa vai de viaxes.
Un curso máis as mochilas viaxeiras comezan a visitar as distintas familias dos alumnos do cole. Esperamos que as gocedes moito, non esquezades que dentro da mochila levades un caderno para anotar as preferencias e opinións que queirades compartir cos demais.
Moitos biquiños de mar para todos!

2.11.15

Na procura dun conxuro!!

Primeiro concurso na biblioteca!
Estou impaciente rapaces/as por recibir as vosas terroríficas receitas de conxuros arrepiantes!!
Aínda non tedes nada preparado???
Como pode ser iso???
Tedes ata o venres 6 de novembro para participar!
Hai unha fofucha-boli con cara de bruxa para o gañador/a!!!
Anímate e participa!!




Moitos bicos de mar para todos.

Espiñeiriña.

25.10.15

Os agasallos do meu cumpre!

Este ano recibín  varios agasallos polo meu aniversario: Un avión par facer as miñas viaxes, unha maleta para levar os meus libros favoritos e unha guía de países para que poida decicir o destino.E unha felicitación estupenda da aula de inglés!!
Gustáronme moito!! Moitas grazas rapaces e rapazas.









22.10.15

Espiñeiriña celebra o seu 12 aniversario.

O pasado 23 de outubro celebramos o día das bibliotecas, e, como desde xa fai uns anos, o aniversario de Espiñeiriña. Pasámolo xenial, Espiñeiriña recibiu uns agasallos estupendos: Unha maleta, un avión e un catálogo de países... Comemos un biscoito riquísimo que nos regalou a ANPA do cole... e montamos unha boa para apagar as candeas!
Espiñeiriña coma sempre nos agasallou cun vídeo no que presenta as novidades do curso...
A biblioteca abre as portas de novo.
Espérovos os martes e os xoves na hora do recreo.
Haberá sorpresas para todos..





Manual de supervivencia.

Xa está listo! Despois de moito traballo por fin o equipo de biblio entregou aos titores a carpeta con actividades de formación de usuarios, animación á lectura e Alfin... Esperamos que sexa de utilidade!!




https://issuu.com/ailamalo/docs/manual_listo/5?e=0





3.6.15

Unha festa histórica!!

Ola rapaces e rapazas!!
Espero que vos chegase a miña carta, estou moi inqueda por ver como queda esta marabillosa festa de peche de curso e de proxecto…  por si alguén non se lembra vou recordarvos as vosas misión:
Infantil: Números para os diferentes talleres.
1º  E 2º: Normas.
3ª: O programa da festa.
4º:Mapa - roteiro dos talleres.
5º: Noticia para os xornais.
Alumnos  de sexto co profe David :Pregón de inicio.
Alumnos coa profe Sole: Invitacións a festa.
Alumnos coa profe Neli: Cartel publicitario.
Ímolo pasar de medo!!!!




sobre da carta de Espiñeiriña

carta de Espiñeiriña

24.5.15

Unha tertulia literaria!!

Esta actividade esta sendo do máis atractiva e fascinante!
Canto sabedes de libros!! sodes estupendos lectoreS.
Encántame escoitarvos falar con tanto agarimo dos vosos libros … es estou moi atenta as cousas que contades, a cita do libro que máis os gustou, o autor, o título, e o selfie que vos facedes lendo … estades todos guapísimos e guapísimas …
Pero ademais de bos lectores tamén sodes uns artistas!! porque eses debuxos que facedes do voso libro favorito son verdadeiras obras de arte!!
E tamén indaguei  sobre os  gustos lectores dos profes do cole!! Hai para todos os gustos!!
Cando rematemos coa actividade poderíamos facer algo especial co libro de tertulias que estamos a facer entre todos …
Xa vos contarei que se me ocorre … e si algún ten unha idea pois … que veña correndo á biblio a contarma!!
Moitos biquiños de mar para todos e todas.

Alumno de 3º falando do seu libro preferido.
Alumnos de 6º preparando a súa tertulia.
Alumno de infantil falando do seu libro.

Xa temos a segunda gañadora!


Pois si rapaces e rapazas, desta vez estaba en Lucus Augusti, cidade romana fundada por Paulo Fabio Máximo,actualmente chamada Lugo.
Máis concretamente estaba diante da muralla romana   única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada  Patrimonio da Humanidade  no ano 2000.

Desta vez, a man inocente  de Miguel de 2º, fixo que a que resultase  gañadora do premio trimestral Judith Pérez de terceiro, que levou varios agasallos: unha mochila, un caderno, un marcapáxinas e un puzle.



Parabéns Judith!
Miguel de 2º saca o nome da gañadora entre os que acertaron o desafío

14.5.15

A miña árbore de ler!!

Estes  días de calor e bo tempo esta a dar ideas estupendas a algúns nenos e algunha profe, aquí os temos gozando da hora de ler deitados á sombra dunha boa árbore… é tan divertido e relaxante que se lles ocorreu que unha árbore pode entrar na historia da súa vida: Este é a miña árbore de ler dicía onte Elena  …  mesmo pensou e poñer alí a súa marquiña porque di que a árbore faille ler páxinas e páxinas de aventuras.
Eu tamén vou buscar a miña árbore de ler!!! 
Buscade a miña marca a ver si adiviñades cal é a miña árbore…
Moitos biquiños de mar para todos. Espiñeiriña.



13.5.15

Orden !

Os nenos e nenas de sexto toman moi en serio a importancia de ter os libros ordenados na biblio…e aquí vai a proba… Mirade como ordenan os andeis alfabeticamente.
Grazas rapaces e rapazas, e moitos bicos de mar para vós.



10.5.15

O goce de ler!!

Mirade que ben o pasamos no tempo de recreo!!! Pernas para arriba, pernas para abaixo …. pero tod@s cun libro na man.
Este novo recuncho da biblio é FORMIDABLE!!!

24.4.15

Pegadiñas de contos!!

Ola mundo mundial! Durante a semana pasada todos os nenos e nenas do cole estiveron traballando moito,pero moito,moito, moito... A actividade fixémola entre todos, e consisitía en escoller unha cita do conto que nos gustase moito, ou que fose moi coñecido e escribilo nunha tarxeta para colocar nas escaleiras do cole. Os nenos de infantil colaboraron facendo a decoración coas súas propias máns!!! Gustoume tanto, pero tanto... que decidín facer un vídeo para compartilo con todos vós. Moitos biquiños de mar....



 Espiñeiriña.

22.4.15

Retaliños de Historia

Ola a todo a todos e a todas! O día R xa está próximo! Non sabedes o que é o día R??? Pois é ben fácil… é o día no que por fin imos estrear o novo recuncho de lectura informal do cole. Durante varios meses os artistas do cole estiveron pintando arreo, as familias cosendo e cosendo traballando a actividade “Retaliños de historia”. E hoxe, por fin! xa está case todo listo!! Desde o equipo de Biblio queremos darlle as grazas a todas as familias que participaron, e tamén de forma especial a esa mamá tan artista que pasou o traballo de xuntar todos os anaquiños… Mirade que chulo quedou!!

16.4.15

A música... unha historia!!

Miña nai!!! que viaxe tan estupenda! estes rapaces de Nimus copiáronme a idea e tamén viaxaron no tempo!!
Durante unha hora fixemos un percorrido marabilloso desde a prehistoria ata as películas de hoxe en día, pasando polo gregoriano e por Mozart...
A min gustoume moito, moito... e a vós?



9.4.15

Teatro en lingua Inglesa.

O día 7 de abril os nenos do cole marcharon todos a Cangas ao auditorio.
Ían ver unha obra de teatro, pero esta vez  en lingua inglesa, a obra titulábase: Robin Hood, e pasárono estupendamente.

BÚSCASE!!

6.4.15

ARRIBA O TELÓN!!

Os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto estiveron lendo o libro de Neira Vilas :" O espantallo amigo". 
Como fixeron tan ben o seu traballo tiveron  unha estupenda recompensa: Unha mañá de teatro no auditorio de Cangas dunha representación da obra que leron...
Pasárono xenial e gustoulles moito!!!
Mesmo sacaron unha foto no escenario cos actores...

ARRIBA O TELÓN!!
O libro!!
Foto de grupo
OS ACTORES


23.3.15

A nosa cartilla de navegación.

Ola rapaces e rapazas!
 Xa hai unhas semanas que tedes  a vosa cartilla de navegación.Para que poidades botar un ollo aos diferentes libros de cada curso preparei paa vós este libro virtual, clica sobre a portada e poderás velo. Espero que vos guste.
Moitos biquiños de mar para todos e todas.
Espiñeiriña

Que non recordas o rol de navegación? Non te preocupes! revisa a imaxe seguinte e atópate.





18.3.15

8 DE MARZO.... DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Ola a todos e todas!
Esta máquina do tempo está sendo de moita axuda este ano... Aquí tedes, se queredes volver a ver, o vídeo da miña útima viaxe na procura das mulleres galegas máis afamadas ao longo dos séculos.
Espero que o gocedes moito.
Biquiños de mar para todos e todas.
Espiñeiriña.


26.2.15

EMPEZAMOS A VIAXE!

Estou tan, tan, tan contenta que case pego un chimpo na biblioteca na hora do recreo!!
Hoxe, Gabriel, un alumno de segundo de primaria conseguiu  o seu primeiro cromo da cartilla de navegación!!!

Parabéns Gabri!!
Grabiel  demostrou
 que lera o libro:" A bruxa regañadentes"
Xa tes un !!!
parabéns campión!!




















Moitos biquiños de mar para ti!!

 Bueeeenoooo moitos biquiños de mar para tod@s…

As cartillas de navegación

Estamos en marcha, por fin!!
Xa tedes todos a vosa cartilla de navegación?
Estades todos preparados para navegar por ese mar de libros?
Revisade o rol de tripulación para saber en que nivel estades!

Rol de tripulación biblioteca
CEIP ESPIÑEIRA

1. CAPITÁN: ESPIÑEIRIÑA.
2. 1º OFICIAL. Alumnos/as de 6º
3. 2º OFICIAL. Alumnos /as de 5º
4. MAESTRE. Alumnos /as de 4º
5. CONTRAMAESTRE. Alumnos/as de 3º
6. MARIÑEIROS DE PRIMEIRA: Alumnos de 2º
7. MARIÑEIROS DE  SEGUNDA. Alumnos de 1º
8. GRUMETES. Alumnos de E. INFANTIL.


Boa viaxe! E que os ventos sexan favorables para chegar a porto seguro!!

Espiñeiriña.

 Capitana da tripulación.

Onde anda Espiñeiriña??

Ola rapaces e rapazas!
Seguro que xa me botabades de menos.
Teño unha  nova que contarvos: o novo desafío deste curso xa está en marcha!!!
Onde anda Espiñeiriña?
Pois desta vez estou moi preto no espazo e moi lonxe no tempo!!
Precisades máis axuda? Pois estade atentos, en poucos días darei unha nova pista para os que aínda andan despistados!
Animádevos a investigar  e a participar …  tedes de prazo ata o luns 17 de marzo.
Lembrade que tedes que localizarme no espazo: lugar onde estou, e no tempo: cando estou.

Moitos biquiños de mar para tod@s.
Onde anda Espiñeirña?

20.1.15

Unha danza centenaria,damas e galáns.


Hoxe foi un día especial , tivemos a sorte de que os membros da danza na honra de san Sebastián fixeron o seu ensaio xeral no noso cole. Esta danza é moi especial para o pobo de Aldán. 
Dezaseis danzantes interpretan un baile que foi pasando de xeración en xeración, de século en século, nunha ofrenda a San Sebastián, ó que nunca lle dan as costas, porque marchan cara atrás ao arredor da igrexa. Cinco damas engalanadas con xoias e enormes sombreiros adornados con flores e cintas resaltan en medio da decea de galáns e o guía, vestidos con traxe escuro.
Esta danza ten moito que ver co tema de investigación deste curso, xa que é anterior ao ano 1678, algúns a datan anterior ao século XII.

O mellor de todo foi, que despois puiden sacar unha foto con eles e mesmo firmaron no me caderno de visita!



10.1.15

Onde anda Espiñeiriña?

Xa temos gañadora da primeira edición do concurso : “Onde anda Espiñeiriña?”

E como algúns xa investigastes  estaba na catedral de Notredame, en París , Francia. Esta catedral foi construída entre 1163 y 1245 ( século XII-XIII)  e é, unha das catedrais góticas máis antigas do mundo. Na fotografía aparezo rodeada de gárgolas, aínda que parezan moi antigas en realidade as colocaron uns 700 anos despois de rematar a catedral (s. XIX).
A gañadora deste trimestre foi Candela Graña Valladares, alumna de 3º de E.P. Aquí a vedes moi contenta cos agasallos: Un diario, un marcapáxinas, un caderno especial da biblio, e unha mochila estupenda !!
As axudantes da biblio foron as encargadas de entregarlle o agasallo,e Gabriel de 2º de E.P. foi a man inocente que sacou a papeleta gañadora entre os  que acertaron.

En poucos días presentareivos un  novo reto!!
Animádevos a participar!!
Agárdovos os martes e os xoves na hora do recreo na  biblioteca.
Un bico moi grande para todos!                             
                                               Espiñeiriña.

Retaliños de Historia...

Mirade que cousiñas máis xeitosas están a facer as nosas  familias!!










Como, que non sabedes para que é?!!!
Claro, con tanta festa andamos todos un pouco despistados!!
Pois ben, lémbrovos que desde a biblioteca e coa colaboración indispensable do equipo de artística (os artistas do cole) estamos preparando un recuncho de lectura informal que irá colocado aquí…

Pareceunos unha idea estupenda que cada familia puidera participar na preparación deste recuncho e por iso desde o equipo da biblio propuxemos a actividade: “Retaliños de historia…”
Veña, animádevos, e faremos entre todos un lugar moi especial para os protagonistas de todas as nosas ideas…
Os vosos fillos…. Os nenos e nenas do Ceip Espiñeira.
Moitos bicos de mar para todos….
Espiñeiriña