20.1.15

Unha danza centenaria,damas e galáns.


Hoxe foi un día especial , tivemos a sorte de que os membros da danza na honra de san Sebastián fixeron o seu ensaio xeral no noso cole. Esta danza é moi especial para o pobo de Aldán. 
Dezaseis danzantes interpretan un baile que foi pasando de xeración en xeración, de século en século, nunha ofrenda a San Sebastián, ó que nunca lle dan as costas, porque marchan cara atrás ao arredor da igrexa. Cinco damas engalanadas con xoias e enormes sombreiros adornados con flores e cintas resaltan en medio da decea de galáns e o guía, vestidos con traxe escuro.
Esta danza ten moito que ver co tema de investigación deste curso, xa que é anterior ao ano 1678, algúns a datan anterior ao século XII.

O mellor de todo foi, que despois puiden sacar unha foto con eles e mesmo firmaron no me caderno de visita!



10.1.15

Onde anda Espiñeiriña?

Xa temos gañadora da primeira edición do concurso : “Onde anda Espiñeiriña?”

E como algúns xa investigastes  estaba na catedral de Notredame, en París , Francia. Esta catedral foi construída entre 1163 y 1245 ( século XII-XIII)  e é, unha das catedrais góticas máis antigas do mundo. Na fotografía aparezo rodeada de gárgolas, aínda que parezan moi antigas en realidade as colocaron uns 700 anos despois de rematar a catedral (s. XIX).
A gañadora deste trimestre foi Candela Graña Valladares, alumna de 3º de E.P. Aquí a vedes moi contenta cos agasallos: Un diario, un marcapáxinas, un caderno especial da biblio, e unha mochila estupenda !!
As axudantes da biblio foron as encargadas de entregarlle o agasallo,e Gabriel de 2º de E.P. foi a man inocente que sacou a papeleta gañadora entre os  que acertaron.

En poucos días presentareivos un  novo reto!!
Animádevos a participar!!
Agárdovos os martes e os xoves na hora do recreo na  biblioteca.
Un bico moi grande para todos!                             
                                               Espiñeiriña.

Retaliños de Historia...

Mirade que cousiñas máis xeitosas están a facer as nosas  familias!!










Como, que non sabedes para que é?!!!
Claro, con tanta festa andamos todos un pouco despistados!!
Pois ben, lémbrovos que desde a biblioteca e coa colaboración indispensable do equipo de artística (os artistas do cole) estamos preparando un recuncho de lectura informal que irá colocado aquí…

Pareceunos unha idea estupenda que cada familia puidera participar na preparación deste recuncho e por iso desde o equipo da biblio propuxemos a actividade: “Retaliños de historia…”
Veña, animádevos, e faremos entre todos un lugar moi especial para os protagonistas de todas as nosas ideas…
Os vosos fillos…. Os nenos e nenas do Ceip Espiñeira.
Moitos bicos de mar para todos….
Espiñeiriña