17.12.16

POSTAIS DE NADAL

O venres día 16 tivemos na biblioteca un taller de postais de Nadal, despois de traballar nas titorías co material preparado para realizar o texto.
Gozamos moito da actividade e os resultados foron estupendos, hai unha chea de artistas entre nós. As postais xa están expostas esperando a que un xurado experimentado elixa as gañadoras entre as dúas categorías, Ufff!  Que nervios!
       
                                      

16.12.16

VISITA DO APALPADOR


O día 15 de decembro por fin veu o Apalpador a visitarnos, cunha chea de historias das montañas do Caurel dentro da súa maleta. Tivemos para el un agasallo en forma de cantiga que lle encantou e non dubidou en facerse fotos co noso Apalpador xigante. Que ben nolo pasamos!

14.12.16

VISITA NA BIBLIOTECA

Mañá na biblio esperamos unha visita moi, moi especial!!!!

13.12.16

POSTAIS DE NADAL

Esta semana recibistes en clase unha carta de Espiñeiriña propoñéndovos un concurso de postais de Nadal. Ela está moi ilusionada esperando ver o que estades a preparar. Se queredes saber algo máis acerca de como se inventaron clicade na ligazón.








11.12.16

GUÍAS DE LECTURA

A coordinadora  de Normalización Lingüística do Morrazo acaba de editar estas magníficas guías de lectura e música en língua galega. Estamos en época de agasallos así que vos propoñemos incluír un destes títulos  nas vosas cartas.



Guías de lectura