28.1.16

O noso rol de navegación xa está listo.

Ola rapaces! O rol de navegación xa está visible... sabedes onde ides cada un de vós?
Pois veña, a colocar o voso barquiño coa vosa foto. Lembrade que non ascenderedes no rol ata que rematedes a cartilla de navegación!
Ánimo navegantes!!
















Moitos biquiños de mar para todos!!

27.1.16

Dinamizacións de infantil

Aquí están os peques do cole!! Como me gusta que veñan visitarme cada semana, e cantas cousas aprenden!!
Moi ben campións!




14.1.16

Maletas que valoran libros!

Ola rapac@s!
Cando devolvedes un libro na biblio, non esquezades facer a vosa valoración: Unha maleta verde se o libro vos gustou moito, amarelo si vos deixou indiferentes, vermello si non vos gustou nada, Engadide o título e o autor do libro e non esquezades de poñer por detrás o voso nome e curso.
Unha vez que está cuberto, tedes que prendelo nas cordas do meu avión...




As partes dun libro!

Aquí están os nen@s de terceiro aprendendo sobre as partes dun libro...
Esta actividade forma parte do manual de supervivencia que todas as titorías teñen na aula.





Entremeses literarios!

Adiviñas golosas na hora do recreo... ler, adiviñar e se acertas devorar....
O éxito foi tal que repetimos o venres con xeroglíficos...