22.3.17

SEMANA DA POESÍA CON ROSALÍA

A semana pasada estivemos a realizar na biblioteca un taller de caligramas con poesías de Rosalía de Castro. Os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º aprenderon que hai diferentes formas de facer poesía. Mentres os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º compuxeron "Rap" inspirados na nosa xenial autora á que dedicamos o Día da Poesía neste curso.


14.3.17

BLOG CONXUNTO DA BIBLIO E EDLG

Despois de estudar as distintas posibilidades, acordamos que sería máis conveniente, a partir do mes de febreiro deste curso, xuntar nun só BLOG os de BIBLIOTECA e EDLG. Por iso as novas entradas destes dous equipos, que estamos traballando conxuntamente, poderedes atopalas sempre aquí.

Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon  "BLOG EDLG"

9.3.17

DÍA DA MULLER

Durante a semana do día 8 de marzo e para conmemorar o Día da Muller, desde a biblioteca  propuxemos ás titorías a elaboración dunha pequena investigación sobre mulleres que destacaron en diferentes campos. Despois de escoller e elaborar as biografías de todas elas montamos un libro que xa está listo para ser lido na nosa biblioteca.