DINAMIZAMOS NA BIBLIO


Ola a todos/as teño un montón de cousas que contarvos!!! verdade que a biblio este curso está moi cambiada??? mesmo parece máis grande! Moito traballamos para que vós vos sintades máis cómodos e a gusto.
Díxome un paxariño que un dos recunchos que máis vos gustan é o dos PRINCIPIANTES; algún e algunha pasa o tempo de recreo alí agochado/a.
Para coñecer mellor a nosa bilbio e poder atopar todos os meus tesouros, estamos adicando un tempo á semana a realizar xogos e actividades do máis interesantes.

TEMPO DE NORMAS

Gustoume moito o voso traballo en grupos cooperativos para decidir, escoller e priorizar as normas básica da nosa biblioteca. Agora que as temos non esquezades cumprilas!!


LIBRO.... E TI DE ONDE VES SENDO?

Localizar os meus tesouros non é sinxelo pero agora que xa coñecedes onde vai cada ún, seguro que os atopades de seguido!
Coloreamos a nosa CDU
Identificamos as partes do "tejuelo"

Partes dun libro
Partes dun libro







MARCANDO O TERRITORIO

Menudos deseños tan exclusivos teñen os vosos "MARCALIBROS". 
- Poño o marcalibros e saco o libro, meto o libro saco marcalibros...non esquezas pasar antes pola mesa de rexistro, por favor!! 
Así os meus tesouros sempre están onde teñen que estar, ben colocadiños!


UN CONTO CHEO DE MAXIA
Como traballástedes tan ben durante todo o trimestre, merecedes un conto. Pero non un conto calquera, senón un conto máxico de Espiñeiriña!!!







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario